A conca do río Tea atesoura unha das comunidades piscícolas mellor conservadas de Galicia, onde habitan ciprínidos endémicos como a boga de río e a reñosa, a pancha e o escalo, que conviven cunha das mellores poboacións de troitas da vertente atlántica galega. A estas especies sedentarias hai que sumarlle aqueloutras que precisan de desprazamentos ao longo da súa vida entre o mar e o medio fluvial, e que cada vez son máis escasas por mor da presenza de barreiras artificiais postas polo ser humano. Pertencen a este grupo a lamprea e o salmón atlántico, que ten nos cursos fluviais da conca do Tea un dos últimos redutos na súa batalla contra a extinción.
As lampreas nacen no río onde as larvas viven soterradas nos fondos de area cinco ou seis anos, alimentándose de detritus orgánicos e pequenos invertebrados. Logo dunha metamorfose descenden ata o mar, onde levan unha vida parasita, durante un ou dous anos, zugando o sangue de animais mariños como o xurelo, o peixe espada ou mesmo a toniña. As lampreas adultas retornan ao río entre os meses de decembro e marzo.

Reo
Reo (Salmo trutta trutta) especie migratoria
Troita
Troita (Salmo trutta) sedentaria


Anguía
Anguía (Angilla anguilla) especie migratoria
Salmón
Salmón (Salmo salar) especie migratoria


Lamprea
Lamprea (Petromyzon marinus) especie migratoria
Escalo
Escalo ou Cacho (Squalius carolitertii) sedentaria
