Son numerosas as especies de vertebrados acuáticos asociadas ao río e constitúen unha comunidade ben conservada e de alto interese.
Os insectos son depredados dentro da auga polas troitas e os merlos rieiros, mentres que as formas aladas son o alimento das lavandeiras real e branca, e dos morcegos de ribeira. Unha ave típica do bosque de ribeira na época de cría é o ouriol, mentres que a garza cinsenta é habitual no inverno.
Como bioindicadores da saúde ambiental das augas podemos localizar no Tea mamíferos pouco comúns como o auganeiro, o furaño patibranco e a lontra, especie da que mesmo é posible descubrir as pegadas na beira do río, como as do tímido furón.
Sempre preto da auga, é posible observar tres especies endémicas do noroeste peninsular, como son o lagarto das silvas, a salamántiga rabilonga e a ra patilonga.

Auganeiro
Auganeiro (Galemys pyrenaica)
Morcego ribeirego
Morcego ribeirego (Myotis daubentonii)


Lontra
Lontra (Luttra luttra)
Furaño patibranco
Furaño patibranco (Neomys fodiens)


Lavandeira real
Lavandeira real (Motacilla cinerea)
Merlo rieiro
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)


Garza cinsenta
Garza cinsenta (Ardea cinerea)
Ouriol
Ouriol (Oriolus oriolus)


Lagarto das silvas
Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
Ra patilonga
Ra patilonga (Rana iberica)


Salamántiga galega
Salamántiga galega (Chioglossa lusitanica)