Nas beiras do río Tea e dos seus principais afluentes está presente un tipo particular de formación arbórea denominado de ribeira, xa que se desenvolve linealmente no curso de ríos e regatos. Neste bosque predomina o amieiro e, na franxa máis próxima ao río, está presente tamén o salgueiro. As raíces destas árbores están moitas veces somerxidas.
O forte enraizamento destas especies permítenlle sobrevivir ás enchentes, polo que fan un labor fundamental na protección das ribeiras fronte á erosión. Tamén están presentes outras especies como as abeleiras, os freixos e os bidueiros.
Baixo o mesto teito arbóreo habitan unha gran variedade de plantas singulares, condicionadas pola humidade e as condicións de luz, como o narciso branco e o cáncaro, que aproveitan a transición entre o inverno e a primavera para florecer, cando as árbores aínda non botaron a folla; ou fentos como o fento real que se dispón en cordóns na mesma ribeira do río, acompañado por outras especies de fentos como o fento macho ou o fento fero.
Como elemento de alto valor ecolóxico podemos salientar a presenza puntual de tres fentos relictos do Terciario nas ribeiras do río Alén, un dos afluentes do Tea. Trátase do fento do botón (Woodwardia radicans), da cabriña (Davallia canariensis) ou do Dryopteris guanchica, todos eles relictos dunha época da historia xeolóxica da Terra na que o clima era húmido e cálido, de características pseudo-tropicais e, por iso, de grande valor ecolóxico-botánico.
O oficio tradicional máis distintivo de Mondariz foi o de cesteiro, que tivo carácter gremial e que posuía unha xerga ou fala propia. Precisamente o bosque de ribeira da bacía do Tea e as veigas asociadas a este forneceron gran parte da materia prima vexetal desta actividade.
Placeholder

Amieiro

Amieiro (Alnus glutinosa)

Fento real

Fento real (Osmunda regalis)

Placeholder
Placeholder

Aveleira

Aveleira (Corylus avellana)

Salgueiro

Salgueiro (Salix atrocinerea)

Placeholder
Placeholder

Bidueiro

Bidueiro (Betula alba)

Cáncaro

Cáncaro (Primula vulgaris)

Placeholder
Placeholder

Narciso branco

Narciso branco (Narcissus triandrus)